A xornada sobre a Reforma Laboral reúne na Deputación a secretarios e interventores dos concellos de Ourense

Compartir

Secretarios, interventores e persoal técnicos dos concellos da provincia de Ourense déronse cita hoxe na Deputación para asistir a unha xornada informativa sobre a "Aplicación da reforma laboral na administración local", que foi inaugurada polo presidente provincial, Manuel Baltar, e que contou coa participación do secretario xeral da institución, Francisco Cacharro; a interventora da Deputación, Mónica Legaspi, e técnicos en dereito administrativo, que analizaron temas relativos aos contratos temporais, as indemnizacións por despido, as prestacións de desemprego, e os convenios laborais, e outras cuestións referidas ás condicións de traballo, o mercado de traballo e a creación de emprego.

Os obxectivos da xornada, coordinada polo responsable do Negociado de Formación da Deputación, Carlos Castiñeiras, eran analizar a Reforma Laboral dende o punto de vista das Administracións Públicas e analizar os dereitos e deberes derivados dos contratos de traballo no relativo ó salario, ás garantías salariais, ós tempos dos traballos e ás faltas e sancións, ademais de estudar as diferentes situacións xurídico-procesais relacionadas coas demandas interpostas polos traballadores.