O Pazo Paco Paz, única instalación deportiva galega "accesible para todos"

Compartir

A asociación PREDIF que promove accións para discapacitados vén de incluír ao Pazo dos Deportes na súa guía de accesibilidade.

PREDIF,a asociación estatal sen ánimo de lucro que promove accións para discapacitados físicos de toda España, vén de editar a nova guía "Espacios y actividades de ocio y tiempo libre accesibles para todas las personas", presentada en Madrid o pasado 28 de xuño, que inclúe o Pazo dos Deporrtes "Paco Paz" da Deputación de Ourense como única instalación deportiva galega "accesible para todos". No relativo ao Pazo dos Deportes, inclúense os seguintes apartados: información xeral, accesibilidade física, accesibilidade visual, accesibilidade auditiva, outras estancias e fotos.

A guía, que se pode consultar en tres soportes: guía tradicional de papel, pen driver ou na web da asociación (www.predif.org), permite coñecer os establecementos de restauración, oficinas de turismo, monumentos, museos e bibliotecas, feiras e congresos, natureza e praia, ocio e instalacións deportivas de toda España, accesibles para persoas con algunha discapacidade, para garantir a súa igualdade no acceso a todo tipo de establecementos.

Enlace de PREDIF onde figura a información do Pazo dos Deportes: http://goo.gl/JjR3i