Probas selectivas para sete prazas de monitores de fitness para o Pazo dos Deportes

Compartir

Os vindeiros 11 e 12 de xullo terá lugar a selección, como persoal laboral temporal, de sete monitores de fitness, que complementarán o cadro técnico xa existente, para cubrir a oferta da ampla programación deportiva que xa se está a deseñar no Pazo dos Deportes "Paco Paz" da Deputación de Ourense cara a vindeira tempada 2012-2013 que comeza en setembro.

As prazas son ás seguintes:

-Monitor de clases colectivas e especialista en ciclismo de interior.

-Monitor de clases colectivas e especialista en clases coreografiadas.

-Monitor de clases colectivas e especialista en pilates.

-Monitor de clases colectivas e especialista en pilates e sala de fitness.

-Monitor de clases colectivas e especialista en sala de fitness e ciclismo de interior.

-Monitor de clases colectivas e especialista en ritmos latinos e sala de fitness.

-Monitor de clases colectivas e especialista en sala de fitness e ciclismo de interior.

No proceso selectivo participarán un total de trinta aspirantes que se inscribiron regulamentariamente segundo a convocatoria publicada no Boletín Oficial da Provincia do pasado 18 de xuño.