A vía da Prata conta cun novo albergue de peregrinos en Vilarderei, Trasmiras

Compartir

A secretaria xeral para o turismo, Carmen Pardo, visitou Viladerrei, en Trasmiras, onde inaugurou o novo albergue de peregrinos da Vía da Plata.

No acto, no que estivo acompañada polo xerente da S.A. de Xestión do Xacobeo, José Paz Gestoso, o delegado territorial, Rogelio Martínez, o vicepresidente da Deputación Rosendo Fernández, o alcalde de Trasmiras, Emilio Pazos Ojea e o presidente da Asociación de Amigos de la Vía de la Plata, José Luis Rodríguez Cid, salientou o compromiso da Xunta de seguir traballando polo turismo e a internacionalización e con tal motivo, a súa actuación na construcción de albergues para peregrinos que, no período 2009-2013, supuxo, “un investimento de máis de 5,6 millóns de euros”. Isto pon de manifesto, segundo as súas palabras, “a importancia que a Xunta de Galicia lle da ao Camiño de Santiago, nun dos momentos nos que máis axustes se están a producir nos orzamentos públicos”.

Neste senso, considérase prioritario a mellora, conservación e creación de hospedaxes para os peregrinos, dentro do cal se encadra o albergue de Viladerrei que abre as súas portas, con 30 plazas.

O edificio ten unha superficie total de 412,68 metros cadrados, dividido en tres plantas: o acceso principal atópase na planta baixa; a planta alta conta con aseos, un distribuidor e dúas estancias para dormitorios.
Engádense dúas edificacións anexas nas que se atopan o comedor, un cuarto, vestiarios e un lavadeiro-tendedeiro, envorcados ao espazo interior a xeito de eira.

A secretaria xeral falou tamén do novo pulo que está a acadar a Vía da Plata como ruta de peregrinaxe a Santiago de Compostela, que segundo manifestou, acolleu 14.197 peregrinos que obtiveron a Compostela no último Ano Santo e subliñou que nestes sete últimos meses polo Camiño do Sureste chegaron a Santiago 5.023 peregrinos, incrementándose un 5,3 %.