No verán... Redecinema
No marco da planificación anual de actividades para o ano 2012, aprobado polo Consello de Membros da Rede de Dinamización Lingüística o pasado mes de decembro, a Secretaría Xeral de Política Lingüística, en colaboración coas deputacións da Coruña, Pontevedra e Ourense, pon en marcha este novo programa de cinema de verán.
Redecinema chegará a un total de 35 localidades da Rede de Dinamización Lingüística a partir de agosto, con proxeccións gratuítas e ao aire libre do recentemente estreado filme de produción galega Vilamor.
Vilamor foi rodada en Galicia e en galego, e estreouse en Ourense o 17 de maio, con motivo da celebración das Letras Galegas 2012. A pesar da súa curta andaina, xa colleitou o recoñecemento de dentro e de fóra de Galicia (Cannes, Nova York, Jakarta...).
A través de Redecinema, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e as deputacións da Coruña, Pontevedra e Ourense, no marco da súa pertenza á Rede de Dinamización Lingüística, apoian e promoven a lingua propia de Galicia e, ao tempo, a industria cultural, nomeadamente a audiovisual, galega e en galego.
Redecinema responde a obxectivos xerais emanados do Plan xeral de normalización da lingua galega, nomeadamente os seguintes:
- Promover a creatividade con base en galego
- Aumentar a oferta de produtos de cultura e de ocio na nosa lingua
Os obxectivos específicos do programa Redecinema son:
- Visibilizar a lingua galega nas entidades da Rede de Dinamización LingüísticaActivar o seu uso
- Progresar na sensibilización social a favor do galego
- Promover o uso do galego nas actividades lúdicas e de lecer
- Visibilizar a acción dinamizadora en lugares abertos e públicos
En especial para promover o uso do galego nas actividades lúdicas e de lecer, visibilizar a acción dinamizadora en lugares abertos e públicos, potenciar artistas e dinamizadores galegos e mais favorecer a incorporación do galego á programación das actividades para o verán realizadas nos concellos.
CALENDARIO:
Provincia de A Coruña:
- Ames: venres, 21 de setembro, (lugar e hora pendentes de confirmar)
- Arteixo: domingo, 26 de agosto, ás 22:00 horas na Praza do Balneario
- Betanzos: venres, 14 de setembro, ás 22:00 horas na Praza da Constitución
- Boiro: luns, 13 de agosto, ás 22:00 horas na Praza de Galicia
- Cee: martes, 7 de agosto, ás 22:30 horas nos xardíns do IES Fernando Blanco
- Curtis: xoves, 13 de setembro, ás 22:00 horas na Praza de España
- Ferrol: venres, 7 de setembro, ás 22:00 horas na Praza da Constitución
- Fisterra: domingo, 26 de setembro, ás 22:00 horas na explanada do Peirao
- Melide: venres, 24 de agosto, ás 22:00 horas na Praza do Convento
- Muros: mércores, 15 de agosto, ás 22:30 horas no Curro da Praza
- Oleiros: xoves, 9 de agosto, ás 22:15 horas no paseo marítimo de Santa Cruz (parque Luís
- eoane)
- Ortigueira: domingo, 19 de agosto, ás 22:30 horas na explanada da alameda
- Padrón: xoves, 6 de setembro, ás 22:00 horas na Praza de Macías
- Ponteceso: mércores, 22 de agosto, ás 22:00 horas na Praza da Ribeira, en Corme
- Santiago de Compostela: sábado, 8 de setembro, ás 22:00 horas na Praza da Quintana
- Teo: xoves, 16 de agosto, ás 22:00 horas na praza da urbanización Braña dos Alféreces
- Montouto-Cacheiras)
- Zas: venres, 24 de agosto, ás 22:00 horas na Praza do Concello
Provincia de Pontevedra:
- Baiona: luns, 3 de setembro, ás 22:00 horas na Praza do Concello
- Cangas: xoves, 30 de agosto, ás 22:00 horas na praza Eirao do Costal
- A Estrada: (por confirmar día, lugar e hora)
- Forcarei: xoves, 23 de agosto, ás 22:00 horas na Praza da Igrexa
- A Lama:martes, 28 de agosto, ás 22:00 horas na Praza da Pedreira
- Ponte Caldelas: mércores, 22 de agosto, ás 22:00 horas na alameda
- Ribadumia: xoves, 30 de agosto, ás 21:30 horas na Praza do Concello
- Tui: xoves, 31 de agosto, ás 22:00 horas na Praza de San Fernando
- Valga: (por confirmar día, lugar e hora)
- Vilanova de Arousa: mércores, 8 de agosto, ás 22:15 horas na Praza da Pastoriza
Provincia de Ourense:
- Cenlle: (por confirmar día, lugar e hora)
- Esgos: sábado, 18 de agosto, ás 22:00 horas na Praza da Souteira
- Laza: (por confirmar día, lugar e hora)
- Lobios: xoves, 23 de agosto, ás 22:00 horas (lugar pendente de confirmar)
- A Peroxa: (día, lugar e hora pendentes de confirmar)
- Petín: sábado, 18 de agosto, ás 22:30 horas no teleclube
- Quintela de Leirado: (por confirmar día, lugar e hora)
- Riós: venres, 17 de agosto, ás 22:30 horas, no marco do Festival das Artes Escénicas Abelardo Gabriel (campo do Festival)
- San Cristovo de Cea: sábado, 15 de setembro, ás 21:30 horas na Praza Maior
- San Xoán de Río: martes, 21 de agosto, ás 22:00 horas na Praza do Concello
- Vilar de Santos: sábado, 8 de setembro, ás 21:30 horas na Praza do Concello