Recepción oficial ós representantes das XXIX Xornadas de Folclore na Deputación de Ourense

Compartir

Representantantes dos grupos de danzas de Arxentina, Rusia, Indonesia, Xeorxia, México, Venezuela e Perú, participantes nas XXIX Xornadas de Folclore, foron recibidos oficialmente hoxe na sala de xuntas polo vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, que estivo acompañado pola directora do Teatro Principal, Olga Mojón e o director artístico das Xornadas, Xulio Fernández Senra.

O vicepresidente resaltou que, cada vez son máis as vilas que demandan a actuación destes grupos. Asimesmo destacou que dende a Deputación non se escatimará ningún tipo de esforzo para que estas Xornadas sigan celebrándose con tanto éxito, e calificou este evento como “unha auténtica recepción de músicos e bailarines de todo o mundo dende que comenzou esta cita cultural no ano 1984”, constituindo unha fonte de enriquecimento mutuo.

Destacar a satisfación dos músicos e bailaríns pola hospitalidade e cariño que lle están a amosar nas distintas vilas.

O acto concluiu coa entrega e recepción de agasallos.

A delegación de Portugal unirase ás Xornadas na actuación que se celebrará martes, 14 de agosto en Entrimo.