Comeza unha nova tempada deportiva no Pazo "Paco Paz"
O vindeiro luns, día 3 de setembro, o Pazo dos Deportes "Paco Paz" comeza unha nova tempada deportiva despois do descanso estival, cunha programación ampla e novidosa pensada exclusivamente para satisfacer a demanda de actividade física de todos os usuarios. Neste senso, xa está diseñada a programación da zona de fitness, (sala de cardio-pesas e clases colectivas) cun horario provisional para a primeira semana, entrando en vigor o definitivo a partir do día 10 de setembro.
As principais novidades desta nova tempada son as clases de Core, Brazos Rdikal, Easy line circuit, Superclasse, Aerokicboxing, o incremento do número de clases de Pilates e a consolidación da quinta sala de clases colectivas cunha programación moito máis ampla.
As escolas deportivas están en fase de programación, e a partires do 15 de setembro abrirase o prazo de inscricións, aínda que se manterán as existentes da pasada tempada. Tamén os clubes deportivos poderán facer uso das instalacións a partires do vindeiro luns para consolidar os espazos de adestramentos a partires de outubro, unha vez remate o prazo regulamentario de solicitudes, que se comunicará en breve.