Reunión do Padroado da UNED na Deputación de Ourense

Compartir

Na xuntanza analizarase a organización académica do curso 2012-2013, a aprobación da conta xeral e do presuposto para 2013, e a memoria académica.

Hoxe tivo lugar na Sala de Xuntas do Pazo Provincial a reunión do Padroado do Consorcio do Centro Asociado da UNED en Ourense, presidida polo titular da institución provincial e presidente do consorcio, Manuel Baltar, e coa presenza do director da UNED en Ourense, Jesús de Juana, e dos demais membros do padroado.

Na xuntanza analizáronse temas orzamentarios e de organización académica, entre os que figuraron a aprobación da conta xeral do exercicio 2011 e do presuposto para o ano 2013, así como a organización e coordinación académica para o curso 2012-2013, e a memoria académica do curso 2011-2012.

O Centro asociado da UNED en Ourense cumpriu no curso 2011-2012 vinte anos de funcionamento en Ourense, posibilitando o acceso a estudos superiores a persoas que doutro xeito non poderían conseguilo, ben por razón de renda, de residencia ou por calquera outra dificultade.

A UNED, a maior universidade de España, conta cunha oferta educativa que abrangue 26 títulos de grao, e ofrece unha segunda oportunidade a persoas que no seu momento non puideron acceder á ensinanza superior convencional.