A Escola Provincial de Gaitas da Deputación de Ourense inicia un novo curso
A Escola Provincial de Gaitas da Deputación de Ourense, dirixida por Xosé Lois Foxo, ven de iniciar o curso académico 2012-2013. O prazo de matrícula permanecerá aberto ata o día 31 de outubro. Na Escola poden estudarse as materias de Gaita, Canto popular-Pandeireta, Percusión e Zanfona.