Presentación do 1º Rallye Ribeira Sacra

Compartir

O Pazo Provincial acolleu hoxe a presentación do 1º Rallye Ribeira Sacra, que se celebrará os días 27 e 28 de outubro nos concellos de Esgos, Nogueira de Ramuín e Parada do Sil. O acto de presentación contou coa presenza do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o presidente da Escudería Luintra, Roberto Soto, os alcaldes de Esgos e Nogueira de Ramuín, Mario Rodríguez e César Parente, respectivamente, e o concelleiro de Deportes de Parada do Sil, José Luis Salgado.

Na proba participarán 108 inscritos, nun percorrido que aúna a dificultade técnica dos tramos coa beleza paisaxística da contorna destes tres concellos ourensáns.

Manuel Baltar destacou que Ourense "é unha provincia de fonda tradición automobilística, algo que unido á promoción económica e do turismo que trae unha proba como esta, fai que esta actividade sexa unha cita inmellorable para que os ourensáns e os que nos visitan poidan disfrutar dunha fin de semana de lecer e deporte na nosa provincia".