O Teatro Principal de Ourense acolle a representación da obra teatral "El sombrero de tres picos"
O Teatro Principal de Ourense acollerá o vindeiro venres, 30 novembro, ás 20.30 horas, a representación da obra "El sombrero de tres picos", de Pedro Antonio Alarcón e dirixida por Francisco Negro, que pon en escena a compañía Teatro de Morfeo. A obra sitúa acción a principios do século XIX, nunha venda próxima á cidade de Sevilla. Na devandita venda, o tío Lucas é un muiñeiro corentón, "máis feo que picio", casado coa bela Frasquita. O libidinoso correxidor don Eugenio de Zúñiga ansía os favores da muiñeira, que esta se nega a concederlle.
VENDA DE ENTRADAS:
A venda anticipada de entradas para a función está dispoñible a través de www.novagaliciabanco.es e do teléfono 902434443. Na taquilla do teatro os días 29 e 30 de novembro de 11:00h a 13:30h, e unha hora antes do inicio da función. O prezo das localidades é de 18€ (butaca, platea), 15€ (1º andar), 12€ (2º andar), 9€ (paraíso e VR).