A Deputación de Ourense e a Fundación Vicente Risco editan a correspondencia entre Risco e Teixeira de Pascoais
A Deputación de Ourense, coa supervisión da Fundación Vicente Risco, ven de editar a correspondencia que mantiveron entre os anos 1920 e 1927 o intelectual ourensán Vicente Risco, membro da Xeración Nós, e o poeta e escritor portugués Teixeira de Pascoaes, pseudónimo literario de Joaquim Pereira Teixeira de Vasconcelos. A obra recolle as mensaxes epistolares entre estes dous persoeiros e faino coa transcripción das mesmas acompañada por unha fotocopia do correspondente orixinal, así como por un estudio introductorio realizado polos profesores Delfín Caseiro, María Luísa Malato e María Celeste Natário.
A obra foi presentada no Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación, no transcurso dun acto que contou coa asistencia do vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández; do secretario da Fundación Vicente Risco, Luis Martínez Risco, e do catedrático de Lingua Galega, Delfín Caseiro.