Acordos do Pleno da Deputación de Ourense de data 12 de decembro de 2012

Compartir

1.- APROBACIÓN INICIAL DO PLAN DE ORDENACIÓN DE RECURSOS HUMANOS 2013

Acordase a aprobación inicial e someter a información pública, durante o prazo de 30 días hábiles, o Plan de Ordenación de Recursos Humanos.

O Plan inclúe as seguintes medidas de reordenación do persoal ó servizo da administración provincial .

a) Medidas de reestruturación do cadro de persoal

b) Medidas de reestruturación do cadro laboral

c) Normas especiais para a provisión dos postos de traballo establecidos na RPT 2013

d) Criterios xerais para o deseño da oferta de emprego público de 2013

e) Normas sobre prórroga do servizo activo

O Plan terá vixencia indefinida ata a súa substitución ou modificación por un Plan posterior ou norma de superior rango xerárquico.

 

2.- APROBACIÓN INICIAL DA RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO 2013

Acordase aprobar inicialmente a Relación de Postos de Traballo 2013 do persoal da Deputación Provincial de Ourense e someter a información pública, durante o prazo de 15 días hábiles, o documento inicialmente aprobado, mediante anuncio no BOP, para a formulación de alegacións ou reclamacións.

 

3.- APROBACIÓN INICIAL DO ORZAMENTO XERAL DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE PARA O EXERCICIO 2013

Acordase aproba-lo orzamento xeral da Deputación Provincial de Ourense para o ano 2013, aproba-las Bases de Execución e os cadros de persoal.

Así mesmo, acordase aproba-lo teito de gasto máximo non financeiro fixado en 66.472.683,99 €, conforme co mandato do artigo 30 da Lei orgánica 2/2012, do 27 de abril, de estabilidade orzamentaria e sostibilidade financeira .

De acordo co artigo 169 da LRFL, o orzamento xeral será exposto ó público, tralo anuncio previo no boletín oficial da provincia, por 15 días, durante os cales os interesados poderán examinalo e presentar reclamacións ante o Pleno.