O Teatro Principal acolle a obra teatral "O método Grönholm", de Talía Teatro
O Teatro Principal de Ourense acolle o vindeiro domingo, 20 de xaneiro, ás 19.00 horas, á compañía Talía Teatro que pon en escea a obra "O método Gönholm", escrita por Jordi Gacerán e dirixida por Xulio Lago.
Jordi Galcerán Ferrer naceu o 5 de marzo de 1964 en Barcelona. Comeza a súa andaina no teatro con dezaoito anos, debutando como actor afeccionado no Centre Moral i Cultural del Poble Nou. A partir de 1982 comeza a escribir comedias que eran representadas en circuítos amateurs, e nas cales participaba como actor e director. Posteriormente, a súa labor no mundo do teatro foise extendendo a outros ámbitos como a adaptación de obras, a dirección escénica e a tradución.
Despois de pasar polo ámbito educativo, todas as actividades profesionais que desenvolveu estiveron relacionadas coa escritura: tradutor, guionista de cine ou televisión, narrador e autor teatral.
O método Grönholm (El mètode Grönholm) chega ao Teatro Nacional de Cataluña no mes de maio de 2003. Baixo a dirección de Sergi Belbel obtén un éxito sen precedentes. No 2004 estréase en Madrid, da man de Tamzin Towsend, chegando a ampliar unha temporada máis nas dúas cidades. O método Grönholm ofrece unha reflexión sobre a deshumanización do capitalismo salvaxe. Representada en máis de 50 países, O método Grönholm foi vista por máis de 2.000.000 de persoas. En 2005 o director arxentino Marcelo Piñeyro realizou unha adaptación cinematográfica (O Método).
Xúlio Lago, un dos directores de escena de maior prestixio do panorama teatral galego. Dirixiu máis de 30 montaxe e participou activamente na creación dunha estructura teatral galega centro dramático, e asociacións-profesionais. Os seus espectáculos caracterízanse por unha coidada posta en escena.
VENDA DE ENTRADAS:
A venda anticipada de entradas para a función de "O METODO GRÖNHOLM" está dispoñible a través de www.novagaliciabanco.es e do teléfono 902434443. Na taquilla do teatro os días 19 e 20 de xaneiro de 11:00h a 13:30h. e unha hora antes do inicio da función. O prezo das localidades é de 8€ (butaca, platea, 1º andar), 7€ (2º andar), 5€ (paraíso e VR).
PATROCINA: Teatro Principal de Ourense- Deputación Provincial de Ourense
COLABORA: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.