O Teatro Principal de Ourense acolle o concerto de "Prague string sextet"
O Teatro Principal de Ourense acolle o concerto de "Prague string sextet", que terá lugar o domingo 17 de febrero, ás 19.00 horas. Esta formación está constituída por excelentes solistas da xeración nova de músicos checos que, amais de levar a cabo as súas carreiras como solistas, participan con regularidade en proxectos de música de cámara, centrándose na interpretación das obras máis interesantes da literatura mundial para a composición de sexteto. Os compoñentes formáronse musicalmente en prestixiosos centros da República Checa, así como en diferentes países de Europa e dos Estados Unidos. Teñen, experiencia en actuacións no seu país e noutros países europeos, Asia e América, despois de participar en festivais internacionais.
O grupo destaca pola súa técnica, virtuosismo, pureza de estilo e temperamento.
PROGRAMA
A. Dvorak (1841-1904)
Sexteto de cuerda en La mayor, Op 48
- Allegro moderato
- Dumka (Elegie), Poco Allegretto
- Furiant, Presto
- Thema con variazioni, Allegro grazioso, quasi Andantino
------------------------------
J.Brahms (1833-1897)
Sexteto de cuerda nº 1 en Si mayor, Op.18
- Allegro ma non troppo
- Andante ma moderato
- Scherzo. Allegro molto
- Rondo. Poco allegretto grazioso