Manuel Baltar presentou na Secretaría Xeral da Deputación de Ourense as súas declaracións de bens e actividades

Compartir

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presentou esta mañá na Secretaría Xeral da institución provincial as súas declaracións de bens e actividades, onde figuran os seus datos patrimoniais, fiscais e económicos. Esta é a primeira vez que un presidente desta institución provincial fai publica a súa situación patrimonial, fiscal e económica, á que engade documentos nos que da conta da súa declaración do IRPF 2011; copia da súa última nómina (correspondente ao mes de febreiro de 2013); acreditación documental do que percibe mensualmente en concepto de trienios como funcionario da Xunta de Galicia, e unha declaración complementaria na que detalla aspectos económicos de carácter persoal.