A Deputación de Ourense convoca as axudas a clubs deportivos 2013 cunha dotación de 250.000 euros
A Deputación de Ourense ven de convocar as axudas a clubs deportivos 2013. Ata o vindeiro 4 de maio atópase aberto o prazo de solicitudes da convocatoria de concesión de subvencións a "Clubs Deportivos de Ourense" da tempada deportiva 2012-2013 que poderán solicitar os clubs deportivos da provincia de Ourense que reúnan os requisitos establecidos na indicada convocatoria. As bases foron publicadas hoxe no Boletín Oficial da provincia número 76 , do mércores 3 de abril de 2013, cunha dotación económica global de 250.000 euros, e cunha contía máxima por cada beneficiario de 15.000 euros.
O obxecto destas bases é a regulación da convocatoria pública por parte da Deputación de Ourense para a tramitación e concesión de subvencións mediante convocatoria pública e a través do procedemento de concorrencia competitiva, coa finalidad de financiar parcialmente os gastos derivados da súa participación nas competicións deportivas durante a presente temporada 2012-2013.
A convocatoria inclúe os correspondentes anexos que ,deberán cubrir os clubs , para facer máis doada a presentación de documentos ,que lle servirán de base á comisión avaliadora para realizar a correspondente proposta de concesión de subvencións. A dotación económica total increméntase en 100.000 euros con respecto ó consignado no pasada ejercicio de 2012, no que o volume de solicitudes acadou a cifra de 76 clubs da provincia.