Declaración institucional da Deputación de Ourense polo 32º aniversario do Estatuto de Autonomía para Galicia
A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou hoxe unha declaración institucional co gallo do 32º aniversario do Estatuto de Autonomía para Galicia (Lei Orgánica 1/1981, de 6 de abril).
O texto é o seguinte:
"A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, na reunión celebrada hoxe venres, 5 de abril de 2013, quere lembrar, co gallo do 32º aniversario do Estatuto de Autonomía para Galicia (Lei Orgánica 1/1981, de 6 de abril), o día histórico que supuxo para a Comunidade Autónoma de Galicia a aprobación da norma que regula o autogoberno da nosa nacionalidade histórica.
A Deputación de Ourense quere con esta declaración institucional destacar a importancia e máxima vixencia da Norma Institucional Básica de Galicia, pois o noso estatuto é un modelo que trouxo importantes conquistas en materia de autogoberno e que permite que o pobo galego siga progresando a prol do seu benestar, dentro do marco no que todos temos a obriga de estar que non é outro que a cívica convivencia.
Pluralismo, concordia e democracia son as tres principais trazas de identidade do Estatuto para Galicia, tres argumentos, tres razóns de ser de noso pobo galego, que, por riba de calquera outro interese, temos todos a obriga de defender e respectar, amparados por esta norma de convivencia que hoxe, como en 1981, sigue sendo un referente para o noso pobo".