Manuel Baltar destaca da Coral de Ruada os seus "95 anos de Ourensanía"
- O presidente provincial asinou no Libro de Ouro na súa visita a esta institución musical á que cualificou de "gran embaixadora de Ourense" ao longo dos seus case cen anos de existencia.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou á Coral de Ruada e ás instalacións onde desenvolve o seu traballo para interesarse polos proxectos e amosar o apoio da deputación a esta senlleira institución musical "polos seus 95 anos de Ourensanía". Manuel Baltar, que asinou no Libro de Honra da institución coralista, cualificou á Coral de Ruada de "gran embaixadora de Ourense" por levar aló onde o arte musical a leva "o máximo expoñente da tradición coral da nosa terra e a raigame da nosa música, algo que temos que seguir a difundir e potenciar".
O presidente provincial visitou a sede da Coral de Ruada atendendo unha invitación de Eladio Quevedo, o seu presidente, e reuniuse coa directiva e integrantes da Coral de Ruada para recoñecer o seu traballo e loubar a súa. Manuel Baltar garantiu a colaboración da Deputación de Ourense para que a coral siga a ser un exemplo claro de ourensanía, como o foi nestes "primeiros" 95 anos de vida.
De Ruada ten as súas instalacións no edificio do Teatro Principal de Ourense, cedidas pola Deputación. Baltar anuncioulles que asinara un convenio por importe de 6.000 euros para contribuír aos gastos de funcionamento anuais da entidade cultural. Eladio Quevedo agradeceu a aposta do presidente Baltar pola coral e pola cultura propia de Ourense, e convidou ao presidente a asinar no Libro de Ouro da institución.