O presidente da Deputación de Ourense e o presidente da CEO apostan pola colaboración mutua a favor de Ourense
A Deputación de Ourense comeza unha nova etapa de colaboración coa Confederación Empresarial de Ourense co obxectivo de traballar xuntos por e para Ourense, xa que esa é a súa prioridade.
Ourense, 2 de maio de 2013.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse co actual presidente da Confederación Empresarial de Ourense, Jose Manuel Pérez Canal, para poñer en marcha un novo plan de colaboración entre ambos xa que, segundo palabras do propio presidente da Deputación, “sólo hai unha guía e esa é Ourense”.
Manuel Baltar, insistíu en que se debía desterrar a palabra “victimismo” que tan arraigada está actualmente e que debe ser exterminada de maneira radical.
Durante a reunión acordaron una nova etapa de colaboración, na que o Presidente da Deputación fixo especial fincapé en que a Institución está disposta a colaborar de maneira absoluta coa CEO en todo o que precise.
Ademais o presidente da Deputación de Ourense, aproveitou para falar do Observatorio Económico Provincial que se trata dunha iniciativa que a Institución vai a poñer en marcha para saber cál é a situación económica de partida non só da provincia, senón tamén das comarcas e concellos de Ourense. Manuel Baltar recalcou que a Deputación está disposta a colaborar coas aportacións que poida facer a Confederación Empresarial de Ourense.