Manuel Baltar recibe ao novo director do Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar

Compartir

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe venres no Pazo Provincial a visita oficial do novo director do Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar, José Ángel Vázquez Yáñez, quen ven de tomar posesión do seu cargo recentemente. Baltar e Vázquez falaron da actualidade relativa á política penitenciaria e o presidente provincial desexoulle éxitos neste novo cometido profesional que afronta José Ángel Vázquez, quen ata o de agora desenvolveu o seu labor como subdirector na prisión de Soto del Real (Madrid).