Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a presentación da última proba puntuable para o Open de España de BTT-Gran Premio Ourense Termal, que se disputará en Maceda. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o alcalde de Maceda, Rubén Quintas, o ciclista Pablo Rodríguez Guede, e o organizador da proba, Xulio Xosé Conde.