Presentación do premio "Rodolfo Prada".-

Compartir
Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a presentación do premio "Rodolfo Prada" á xestión cultural. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do presidente da Asociación Galega de Profesionais de Xestión Cultural, Alberto García, e do xestor cultural no Concello de Celanova e secretario do premio "Ourensanía", Antonio Piñeiro.