Xunta e Deputación de Ourense acordan destinar 1,6 millóns de euros para programas de emprego e servizos sociais
- O presidente provincial, Manuel Baltar, asinou hoxe en Santiago coa conselleira de Traballo, Beatriz Mato o acordo que permitirá destinar 400.000 euros para programas de emprego municipal no eido social e 1,2 millóns de euros para servizos sociais comunitarios en concellos de menos de 20.000 habitantes
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, asinou hoxe en Santiago coa conselleira de Traballo, Beatriz Mato, o convenio de colaboración entre ámbalas dúas institucións, que permitirá destinar este ano máis de 1,6 millóns de euros a programas de emprego e servizos sociais. En concreto, 400.000 euros destinaranse a programas de emprego municipal na área social para axuda aos servizos sociais comunitarios e 1.217.000 euros teñen como finalidade destinarse a actuacións relacionadas cos servizos sociais nos concellos da provincia de Ourense de menos de 20.000 habitantes, é dicir, todos agás a capital.
Manuel Baltar afirma que a sinatura deste convenio "ven a ser un paso máis na palabra que debe presidir a todas as relacións dentro das administracións que é a "cooperación". Considera o presidente provincial que o acordo forma parte "do protocolo de colaboración que asinamos co presidente da Xunta os catro presidentes das deputacións e contribúe a materializar o Plan BenOurense 2013 de servizos sociais da Deputación de Ourense, o que aprobou e puxo en marcha una depiutación en Galicia".
Manuel Baltar destaca que a carga social dos orzamentos da Deputación para 2013 "vese reforzada con esta achega por parte da Consellería de Traballo, coa que 91 concellos da provincia van a poder atender estas necesidades sociais", e engadiu que é necesario seguir colaborando e cooperando, nun momento no que se está a debater mesmo o papel da administración local coido que co reforzamento das deputacións provinciais estas achegas por parte do goberno autonómico son benvidas, porque con elas se benefician os cidadán a que temos a obriga de representar e defender".
O convenio asinado hoxe entre a Xunta e as deputacións de Ourense, Pontevedra e Coruña supón en total un importe de 11,5 millóns de euros, e ten como finalidade financiar programas de emprego municipais e os servizos sociais.