O Centro Cultural "Marcos Valcárcel" inaugura a exposición "Diálogos", de Luis Vecino e Ángel Soldevilla
O Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense acolleu hoxe a presentación da exposición "Diálogos", de Luis Vecino e Ángel Soldevilla. O acto contou coa presenza, ademais dos autores, do vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández; do director do Centro Cultural, Francisco González, e do asesor de Política Cultural da institución provincial, César Fernández.