Acordos do pleno da Deputación de Ourense de data 28 de xuño de 2013:
*Aprobación da CONTA XERAL DO EXERCICIO 2012.
*Aprobación da MOCIÓN POLO MANTEMENTO DOS POSTOS DE TRABALLO DE T-SOLAR.
"A Deputación de Ourense
Manifesta aos traballadores de T-Solar o apoio na procura da continuidade dos seus postos de traballo.
Insta á Xunta de Galicia a que empregue coa máxima contundencia tódolos medios ao seu alcance para facilitar a continuidade da Planta de T-Solar no Parque Tecnolóxico de Ourense, garantindo o mantemento dos cento setenta postos de traballo de dito proxecto empresarial.
Insta ao Goberno de España a que aborde unha fonda reordenación do sistema eléctrico que faga efectiva a implantación dun modelo enerxético sostible económica e ambientalmente e que contribúa a mellorar a competitividade de Galicia."
*Aprobación da MOCIÓN RELATIVA Á DEMANDA POR PARTE DA AEAT AOS VECIÑOS E VECIÑAS BENEFICIARIOS DE PENSIÓNS PERCIBIDAS NO ESTRANXEIRO.
O Pleno da Deputación Provincial de Ourense
Insta ao goberno do Estado para que, no marco das súas
competencias e a través da AEAT, informe e asesore a todas as
persoas beneficiarías de pensións recibidas no estranxeiro das
súas obrigas tributarias.
Insta á AEAT á reconsideración de todos os expedientes
sancionadores e, no seu caso, ao fraccionamento da débeda
tributaria de beneficiarios galegos de pensións no estranxeiro
que actuaron de boa fe por falta de información ou
descoñecemento da normativa.
* Modificación DE REPRESENTANTES DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL NOS CONSORCIOS DO SERVIZO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO
Acordo:
Designar como representantes da Deputación Provincial nos mencionados consorcios ás seguintes persoas:
- Don José Manuel Baltar Blanco e don Francisco Rodríguez Rodríguez (titulares) e don Rosendo Luis Fernández Fernández e don Luciano Rivero Cuquejo (suplentes) no Consorcio contra incendios e salvamento da Comarca de Valdeorras.
- Don José Manuel Baltar Blanco (titular) e don Rosendo Luis Fernández Fernández (suplente) no Consorcio contra incendios e salvamento da Comarca de Verín.
- Don José Manuel Baltar Blanco (titular) e don Rosendo Luis Fernández Fernández (suplente) no Consorcio contra incendios e salvamento da Comarca da Limia.
- Don José Manuel Baltar Blanco (titular) e don Rosendo Luis Fernández Fernández (suplente) no Consorcio contra incendios e salvamento da Comarca do Carballiño Ribeiro.
*Aprobación do EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN ORZAMENTARIA E AUTORIZACIÓN DE SUPLEMENTO DE CRÉDITO DO INORDE 1/2013.
* Informe da ALTERACIÓN DOS TERMOS MUNICIPAIS DE OURENSE E BARBADÁS
Acordo:
Infórmar favorablemente o expediente de modificación da liña límite entre os termos municipais de Ourense e Barbadás (expediente 333/2006, instruído polo Negociado de Planeamento Urbanístico do Concello de Ourense).
*Delegación NA XUNTA DE GOBERNO DO EXERCICIO DE COMPETENCIAS PARA A FIXACIÓN DOS PREZOS PÚBLICOS DA REAL BANDA DE GAITAS
Acordo:
Delegar na Xunta de Goberno da Deputación o exercicio da competencia para a fixación dos prezos públicos da Real Banda de Gaitas da Deputación Provincial de Ourense.
A presente delegación de competencias terá efectos a partir do día seguinte á entrada en vigor da Ordenanza reguladora da Real Banda de Gaitas da Deputación Provincial de Ourense.
O presente acordo publicarase no BOP para xeral coñecemento.
*Baixa DA DEPUTACIÓN NA REDE DE ENTIDADES LOCAIS + BIODIVERSIDADE 2010
Dar de baixa á Deputación Provincial de Ourense na Sección da FEMP denominada "Rede de Entidades Locais + Biodiversidade 2010", con efectos do 1 de xaneiro de 2014.
*Baixa DA DEPUTACIÓN NA "RED DE CIUDADES POR EL CLIMA"
Acordo:
Dar de baixa á Deputación Provincial de Ourense na Sección da FEMP denominada "Red Española de Ciudades por el Clima", con efectos do 1 de xaneiro de 2014.