Acordo do pleno extraordinario da Deputación de Ourense de data 8 de xullo de 2013
- Aprobación da MOCIÓN SOBRE APOIO AOS AFECTADOS POLAS ACCIÓNS PREFERENTES E OBRIGAS SUBORDINADAS.
Acordo:
• Apoio para as persoas afectadas polas accións preferentes e obrigas subordinadas no relacionado co intercambio obrigatorio por accións e solicitude de liquidez, solicitando o atraso e paralización na execución da quitación.
• Facilitar asesoramento e apoio para que desde o organismo xudicial se pronuncien con claridade e transparencia as situación xurídicas en cada un dos supostos que se dan neste complexo caso.
• Defender a continuidade da vía de arbitraxe, cunha nova medición de valores e revisión de expedientes, con implicación do departamento de Consumo da Xunta de Galicia.
• Instar ao goberno de España a supresión das taxas e custos xudiciais nestes procesos.
• Instamos ao goberno de España a rectificar, adoitando as medidas lexislativas necesarias para regular estes ou outros produtos bancarios, en aras de conseguir a maior transparencia posible.