Comeza a campaña de Compostaxe doméstica, promovida pola Deputación de Ourense e Sogama

Compartir
  • Dende mañá mércores e ata o 24 de xullo realizaranse os cursos de formación aos participantes e entregaráselles o material necesario para realizar o proceso.

A Campaña de Compostaxe Doméstica 2013, promovida pola Deputación de Ourense e Sogama, inicia a súa segunda fase de desenvolvemento. Despois de ter formado a un mestre composteiro en cada concello participante, agora é a quenda de realizar as xornadas de formación aos participantes, que serán realizadas pola empresa Todoverde, adxudicataria para levar a cabo esta campaña 2013.

Nas xornadas cada participante levarase ao seu fogar un composteiro, un aireador e un termómetro para poder controlar en todo momento se o proceso se está levando a cabo correctamente. Con posterioridade, os técnicos realizarán tres visitas de seguimento para comprobar in situ o desenvolvemento do proceso e, de selo caso, poder corrixir os problemas xurdidos durante a etapa de compostaxe.

Aquelas persoas que queiran apuntarse nos concellos que participan este ano no programa de compostaxe poden facelo, tendo que cumprir como requisito ser habitante dalgún destes municipios e dispoñer dun xardín ou horta para colocar o composteiro e desenvolver a tarefa.

A data, hora e lugar das charlas de formación son as seguintes:

• O Carballiño: 10 de xullo, ás 20:00 h., na Casa da Cultura.

• Punxín: 11 de xullo, ás 17:00 h., no grupo escolar.

• A Rúa: 15 de xullo, ás 17:30 h., na Casa do Concello.

• Rairiz de Veiga: 16 de xullo, ás 18:00 h., na Casa do Concello.

• Viana do Bolo: 17 de xullo, ás 17:00 h., na Casa da Cultura.

• A Veiga: 18 de xullo, ás 19:00 h., na Casa do Concello.

• Rubiá: 22 de xullo, ás 19:00 h., na Casa da Cultura.

• Ribadavia: 23 de xullo (aínda por concretar hora e lugar).

• Castrelo de Miño: 24 de xullo, ás 18:00 h., no Club Náutico.