COMUNICADO DA DEPUTACIÓN DE OURENSE

Compartir

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, en nome da institución provincial, quere transmitir as súas condolencias e solidariedade cos familiares das vítimas provocadas polo accidente ferroviario acontecido en Santiago de Compostela, e lamenta fondamente esta traxedia.

O goberno provincial amosa a súa consternación polo grave accidente ao tempo que o seu agradecemento ao traballo que os servizos sanitarios, de emerxencias e ás forzas e corpos de seguridade do Estado están a realizar en favor das vítimas e de apoio aos seus familiares, nun momentos de fonda tristura para Galicia.

A Deputación de Ourense e todos os ourensáns únense nun mesmo sentimento para expresar o seu pesar polo acontecido.