A Deputación de Ourense convoca unha reunión da xunta de portavoces para mañá, antes do pleno, no que se gardará un minuto de silencio

Compartir

 

A xunta de portavoces da Deputación de Ourense, integrada por representantes dos tres grupos políticos que conforman a corporación provincial, foi convocada mañá, ás 10.45 horas, a unha reunión urxente, xuntanza previa á celebración do pleno ordinario correspondente ao mes de xullo, no que se gardará un minuto de silencio polas vítimas do accidente ferroviario acontecido onte en Santiago.

Asemade, desde esta mañá as bandeiras do Pazo Provincial de Ourense ondean a media asta en sinal de dolo pola devandita traxedia, ante a cal a Deputación de Ourense expresa as súas condolencias e solidariedade coas vítimas e as súas familias, e agradece o traballo que están a facer os servizos sanitarios e de emerxencias, os corpos e forzas de seguridade de Estado, os voluntarios e todos os cidadáns que colaboran e axudan a paliar, na medida do posible, as graves consecuencias deste accidente ferroviario que tivo lugar na capital de Galicia.