Inicio do curso escolar 2017-2018, no Instituto "Blanco Amor" da Ponte

Compartir

  • Manuel Baltar e Alberto Núñez Feijoo percorreron as instalacións do centro educativo e visitaron a exposición que recolle os momentos máis relevantes dos 50 anos de historia deste centro educativo.

Ourense, 15 de setembro de 2017.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, participaron hoxe no acto de inicio do curso escolar 2017-2018 en ESO, Bacharelato, FP e Ensinanzas de Réxime Especial, que tivo lugar no instituto "Eduardo Blanco Amor", do barrio da Ponte, na capital ourensá. O acto contou tamén coa presenza do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez; do director do IES Blanco Amor, Carlos Ferreiro, e da delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira. Na visita ao instituto, as autoridades percorreron as instalacións e visitaron a exposición que recolle os momentos máis relevantes dos 50 anos do centro.