Alumnos do Instituto arxentino-galego "Santiago Apóstol" visitan a Deputación de Ourense

Compartir

Un grupo de vinte alumnos do Instituto arxentino-galego "Santiago Apóstol" de Bos Aires visitaron hoxe a Deputación de Ourense, onde foron recibidos no Salón de Plenos do Pazo Provincial polo vicepresidente da institución, Rosendo Fernández, e polo deputado provincial e alcalde do Carballiño, Argimiro Marnotes. O acto, no que participou tamén o escritor e intelectual Luís González Tosar, enmárcase dentro da viaxe que este colectivo está a realizar por Galicia, visitando diferentes institucións e localidades para coñecer tanto os aspectos culturais, sociais, políticos e etnográficos da Comunidade galega. Ao remate da recepción na Deputación de Ourense, os alumnos visitaron a vila do Carballiño e remataron a súa estancia na provincia de Ourense cunha visita á Insua dos Poetas (Esgueva, O Carballiño).