Sesión literaria ao redor da obra de Manuel Penín, no Centro Cultural da Deputación de Ourense
O Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense acolleu hoxe unha sesión literaria ao redor da obra do artista Manuel Penín. Baixo o título de "Debuxos. Olladas. Retratos" os escritores Afonso Vázquez Monxardín, profesor e escritor, Luís González Tosar, poeta, e o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, analizaron e debateron sobre a obra de Manuel Penín, autor que expón actualmente nestas instalacións unha mostra que xa foi visitada por máis de 2.000 persoas. Ademais do propio artista, a xornada contou coa presenza do director do Centro Cultural, Francisco González, e do asesor de Cultura da Deputación de Ourense, César Fernández. Os escritores reflexionaron sobre o xénero do retrato e as aproximacións entre pintura e literatura, nun acto que se completou cun recital poético a cargo dos literatos.