No entorno termal de Outariz terá lugar a presentación da cuarta edición da carreira "Desafío 42 - Ourense Termal". O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do asesor de Deportes da institución provincial, Bernardino González; do director de "Desafío 42", Serafín Martínez; do concelleiro de Deportes de Ourense, Mario Guede; do tenente de alcalde de Pereiro de Aguiar, Manuel Doval; do alcalde de Coles, Manuel Rodríguez; e representantes de entidades e empresas que apoian este evento deportivo.