Presentación institucional do filme "A esmorga"
Na Praza do Ferro de Ourense tivo lugar hoxe a presentación institucional do filme "A esmorga", que contou coa presenza do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez; o alcalde de Ourense, Agustín Fernández; o director de Editorial Galaxia, Víctor Freixanes, e o director do filme, Ignacio Vilar, así como representantes da TVG.
Manuel Baltar salientou na presentación que "A esmorga", de Blanco Amor, "é a novela da Ourensanía", unha obra que xa foi traducida ao inglés pola Deputación de Ourense, baixo o título de "On a bender", para espallar unha das obras senlleiras da nosa cultura dende Galicia cara o ámbito internacional.