- Na Sala de Xuntas do Pazo Provincial terá lugar mañá xoves, 11 de maio, a presentación da décima edición da Andaina Solidaria do Concello de Paderne de Allariz. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do alcalde e do tenente de alcalde de Paderne de Allariz, José Manuel Fernández e José Abad, respectivamente; da presidenta e do colaborador da Asociación de Mulleres Rurais de Solveira, María del Carmen Pérez e Máximo Hevia, respectivamente; e da tesoureira da Asociación Española contra o Cancro en Ourense, Odila González.