Acordo da Xunta de Portavoces da Deputación de Ourense en relación ás consecuencias da choiva en A Limia

Compartir

A Xunta de Portavoces da Deputación de Ourense, integrada por representantes do PP, PSOE e BNG, en reunión urxente para analizar as consecuencias producidas polas choivas das últimas semanas, acadou por unanimidade o seguinte acordo:

1.- Instar tanto a Xunta de Galicia como ao Goberno do Estado á Declaración da comarca da Limia como Zona Catastrófica.

2.- Instar ao Goberno do Estado a que, previa cuantificación de perdas por parte dos concellos, estime as axudas pertinentes, así como beneficios fiscais e tributarios: rebaixa IRPF, aprazamento, pagos S.S...

3.- Propoñer a creación dunha Mesa de Negociación coa participación do ministerio, agroseguro, Xunta, sindicatos agrarios e representantes das comunidades de regantes e cooperativas para adaptar o seguro agrario ás características da Limia e rebaixar as primas que se pagan na actualidade.

4.- Que a Deputación de Ourense, a través do Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro de Xinzo, preste asesoría técnica aos posibles afectados.

5.- Creación, a través do servizo da Enquisa de Infraestrutura Local, dependente do servizo de Cooperación da Deputación de Ourense, en colaboración cos concellos, dun censo de damnificados.

6.- Instar á Confederación Hidrográfica, á realización dun plan de limpeza e dragado de canais da lagoa para previr vindeiras enchentes.

7.- Colaboración, a través do servizo de Vías e Obras, para a reparación das pistas afectadas para o tránsito de tractores e vehículos e evitar que se deterioren aínda máis a partir de agora.

8.- Instar a Xunta de Galicia e Goberno do Estado á posta en marcha dos regadios comprometidos no seu día para seguir dotando de infraestruturas á comarca e que a través das balsas, no futuro, se poidan regular as enchentes.

9.- Instar á Consellería de Educación a que habilite as partidas necesaria para a reparación dos danos ocasionados no IES cidade de Antioquía e estude medidas de prevención para o futuro.