A Deputación coopera no ámbito internacional na reunión de traballo da Eurocidade Chaves-Verín

Compartir

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participou hoxe na reunión de traballo 21F 2014 da Eurocidade Chaves-Verín, en Feces de Abaixo (Verín), xuntanza na que se deron cita representantes da eurocidade para analizar temas de interese conxunto deste ámbito de actuación entre España e Portugal. Na xuntanza asisitiron xunto ao presidente provincial, o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e os alcaldes de Chaves e Verín, Antonio Cabeleira e Juan Jiménez

A Deputación de Ourense, cuxa actuación foi decisiva no seu momento para a construcción das instalacións da eurocidade –asumindo o custe da sede- da desta maneira un paso máis no ámbito da cooperación internacional, o que supón para o presidente provincial "a oportunidade unir sinerxias para favorecer a competitividade e a economía da eurorrexión", sendo á provincia de Ourense o punto central xeoestratéxico da eurorrexión.

Na xuntanza de traballo reformulouse o grupo de traballo e creouse o Consello Asesor da Eurocidade Chaves-Verín. Asemade presentáronse os proxectos desenvueltos no período 2008-2013 e a estratexia de actuación 2014-2020. Tamén se presentou o proxecto de cooperación sanitaria transfronteiriza da eurocidade e un estudo de lexislación termal e proposta dun marco lexislativo común para a eurorrexión.