Visita didáctica ao Museo Internacional de Cornamusas da Deputación de Ourense

Compartir

Un grupo de 77 alumnos e profesores do Colexio Divina Pastora do Barco de Valdeorras visitaron hoxe luns o Museo Internacional de Cornamusas da Deputación de Ourense, no que foron recibidos polo director da Escola de Gaitas da Deputación e da Real Banda, Xosé Lois Foxo. Logo dunha explicación sobre os instrumentos que alí se exhiben, un grupo da Real Banda ofreceu un concerto con gaitas en distintas tonalidades e gaitas antigas, procedentes de diversos países do norte de África, Asia e Europa. Nesta ocasión o gaiteiro Marco Foxo ofreceu unha mostra coa cornamusa medieval de maior dimensión do mundo e que, recentemente, foi adquirida polo museo.

Este acto enmárcase dentro da serie de visitas didácticas que organiza o Museo de Cornamusas, situado no Campus Universitario de Ourense, orientadas a profesores e alumnos de distintos centros educativos europeos.