A Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense participou na Semana Santa do Carballiño
A Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense estreou a Marcha Procesional dos Caladiños do Santo Enterro o pasado venres no templo da Veracruz do Carballiño, con motivo da súa actuación nesta procesión de Semana Santa. Esta marcha procesional foi composta por Xosé Lois Foxo a fin de magnificar esta coñecida procesión do Santo Enterro. A obra está inspirada nas antergas marchas procesionais de gran arraigo na tradición gaiteiril en Galicia a partires do século XIII, das que se conserva un amplo repertorio. No acto fíxose entrega da partitura á Confraría da Veracruz do Carballiño.