A Deputación de Ourense recolle adhesións para a concesión da Medalla de Ouro da Provincia, a título póstumo, a Marcos Valcárcel

Compartir

• A partires de hoxe poderán presentarse as adhesións no rexistro xeral da Deputación ou a través da páxina web.

A Deputación de Ourense recolle, dende hoxe, adhesións para a concesión da Medalla de Ouro da Provincia, a título póstumo, a Marcos Valcárcel. Esta recolleita de adhesións enmárcase dentro do procedemento aberto para a concesión desta distinción ao ilustre intelectual ourensán.

Con este recoñecemento, a Deputación de Ourense pretende recoñecer e poñer en valor a traxectoria vital e profesional de Marcos Valcárcel, un intelectual que naceu en Ourense, traballou en Ourense, investigou en Ourense e compartiu a súa sapiencia cos ourensáns, nesa permanente bonhomía que era a súa traza de identidade.

Con este expediente de honores, dase cumprimento ao anuncio que o presidente da Deputación, Manuel Baltar, fixera o pasado 5 de decembro de 2013 no acto de descubrimento da placa que da o nome do ilustre escritor e historiador ourensán o Centro Cultural da Deputación de Ourense, cando sinalou que ao longo de 2014 lle sería outorgada, a título póstumo, a Medalla de Ouro da provincia de Ourense.

As adhesións pódense realizar no seguinte apartado da web da Deputación de Ourense:

http://dpouv2.depourense.es/index.php/adhesion-medalla-ouro-marcos-valc…