Entrega de diplomas do Obradoiro de Instrumentos da Deputación de Ourense
No salón de actos do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense tivo lugar a entrega de diplomas do Obradoiro de instrumentos da Deputación de Ourense, acreditativos do curso realizado ao longo do ano. O acto contou coa presenza do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, e do director do Obradoiro, Manuel Brañas. No decurso do acto, os alumnos fixeron unha exhibición cos traballos feitos durante o curso e presentouse unha proxección sobre o proceso de construcción dunha zanfoña, para rematar coa intervención do músico Quim Fariña, quen falou sobre os instrumentos de corda fretada dende a antigüidade até hoxe en día.