Reunión do Padroado da UNED no Pazo Provincial
Na sala de xuntas do Pazo Provincial tivo lugar hoxe martes, 17 de xuño, a reunión do Padroado do Consorcio do Centro Asociado da UNED en Ourense, presidida polo titular da Deputación e presidente do padroado, Manuel Baltar. A orde do día da xuntanza incluiu a presentación do informe do director do centro, a liquidación do orzamento do exercicio económico 2013 e o avance de planificación do curso 2014-2015.