- Na Sala de Xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación do XI Día Termal da Chavasqueira 2017. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do presidente e do secretario da Asociación de Veciños A Chavasqueira, Amancio Rodríguez e Manuel Pérez, respectivamente; e do concelleiro de promoción económica de Ourense, Jorge Pumar.