A Deputación de Ourense, recoñecida pola redución da sinistralidade laboral
O labor de prevención no ámbito da sinistralidade laboral que desenvolve a Deputación de Ourense ven de ser recoñecido pola mutua Ibermutuamur, á cal está asociada, que anualmente outorga o sistema de incentivo Bonus como recoñecemento ao traballo e esforzo que realizan empresas e institucións no que atinxe á prevención de accidentes e redución da sinistralidade laboral.
O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, recibiu da directora de Ibermutuamur en Ourense, Paula Delgado, o diploma acreditativo desta distinción, baseado no Real Decreto 404/2010 que establece un sistema de redución das cotizacións por continxencias profesionais ás empresas e institucións que contribúan especialmente á diminución da sinistralidade laboral mediante actuacións de prevención.