Na Sala de Xuntas do Pazo Provincial terá lugar mañá venres, 19 de maio, a presentación da terceira edición da Andaina do Concello de Rairiz de Veiga. O acto contará coa participación do deputado provincial de Deportes, Juan Anta; e da alcaldesa e do tenente de alcalde de Rairiz de Veiga, Josefa Asunción Morgade e Jose Antonio Cao, respectivamente.