No Teatro Principal de Ourense terá lugar a presentación do documental "Contando a Carlos Casares". No acto participarán o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o autor do documental, Gonzalo Veloso; o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e o presidente da Fundación "Carlos Casares", Xavier Casares.