- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar mañá mércores, 31 de maio, a presentación da I Semana Vitivinícola de Galicia. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad; e do director da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, Juan M. Casares.