Entrega de diplomas do Obradoiro de Instrumentos da Deputación.-

Compartir
O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, participará na entrega de diplomas do curso 2016-2017 do Obradoiro de Instrumentos Musicais da Deputación de Ourense. O acto aberto ao público terá lugar no salón de actos do Centro Cultural "Marcos Valcárcel". Posteriormente, Germán Díaz ofrecerá unha conferencia/concerto sobre a zanfoña na Península Ibérica, e os alumnos do obradoiro presentarán unha mostra dos traballos feitos neste curso.