Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar o vindeiro luns, 5 de xuño, a presentación da XXXII Xuntanza Internacional de Gaiteiros. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do director da Escola Provincial de Gaitas, Xosé Lois Foxo; e dos alcaldes do Bolo e de Monterrei, Manuel Corzo e José Luis Suárez, respectivamente.